Fran e Valerón arrincan un novo proxecto en Abegondo

1 minutes read

Fernando Vidal presentou a Fran e Valerón como novas caras da canteira. O Deportivo non só quere ter a dúas figuras reconocibles para ser exemplo dos máis novos deportivistas, senón tamén darlle un novo impulso a Abegondo para que comece a dar froitos. Fran ten claro o proxecto: “Estiven dous anos no Manchester City e gustoume como o ten montado. O único problema é que alí economicamente teñen uns medios brutais e aquí hai que axustarse á situación. Pero temos pensado algo similar”. Como novo director de canteira, unha das primeiras decisións será devolver ao Fabril ao organigrama do fútbol base. A boa sintonía de Fran e Valerón notouse desde o primeiro momento. O canario apunta que se fará “unha aposta decidida pola canteira. Gústanos o proxecto e gústanos estar presentes, axudar no que podamos coa nosa experiencia e coñecemento. Tanto Fran como eu saímos da canteira, pasamos por situacións difíciles. A liña para seguir está moi clara”, afirma Valerón.