25
Novo día de mobilizacións en Francia contra a reforma das pensións que prepara o goberno de Emmanuel Macron. Por primeira vez nunha década, os cinco principais sindicatos franceses sairon xuntos á rúa. Segundo o ministerio do Interior, 615.000 persoas se manifestaron en todo o país, cifra que os sindicatos elevan a un millón oitocentas mil. Ademais, continuaron por decimoterceiro día os paros nos transportes e na educación.