LaLiga prepárase para xogar a porta pechada durante os próximos meses. O Consello Superior de Deportes (CSD) xa deixou caer este martes que non habería grandes congregacións de público ata a existencia dunha vacina. Este mércores, dando continuidade a esa idea, o propio Javier Tebas deixou caer aos clubs que o fútbol se xogará sen público ata o ano 2021. Tebas reuniuse de maneira telemática cos presidentes, vicepresidentes ou directos xenerais de LaLiga Santander e LaLiga SmartBank. O obxectivo non era outro que explicarlles os acordos aos que se chegaron na reunión co CSD e a RFEF, segundo informa o Diario As. O presidente, entre outras cousas, transmitiu unha mensaxe realista e insistiu na idea do Goberno de España de que non haxa grandes espectáculos con público ata o próximo ano.
33