Galardoados 20 estudantes cos premios extraordinarios de Bacharelato 2022/23

2 minutes read

Trátase de nove estudantes de centros educativos da provincia da Coruña, catro da de Lugo, dous da de Ourense e cinco da de Pontevedra. Cada un deles recibirá 1.000 euros ademais dun diploma acreditativo, e a distinción será anotada no seu expediente académico.

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades convoca cada ano este galardón co fin de recoñecer o esforzo, traballo e aproveitamento académico dos estudantes que rematan a etapa de Bacharelato nun centro docente da Comunidade, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e que obtivesen unha nota media do Bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos.

Ademais, os galardoados tiveron que superar unha proba específica estruturada en dúas partes. A primeira delas consistiu nunha análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico ou literario, e en responder cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na Primeira Lingua Estranxeira II cursada polo alumnado como materia xeral do bloque de materias troncais do Bacharelato.

A segunda parte consistiu no desenvolvemento de temas, respostas a cuestións ou exercicios prácticos dunha materia xeral do bloque de materias troncais cursada polo alumnado a elixir entre Matemáticas II, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II, Latín II e Fundamentos da Arte II.

Listado de premiados:

ProvinciaConcelloCentroNome do alumno
A CoruñaA CoruñaIES Plurilingüe ElviñaÁlvarez Guillemet, Fernando Javier
A CoruñaA CoruñaIES Plurilingüe Eusebio da GuardaDavó Fernández, Sol
A CoruñaA CoruñaIES Plurilingüe Eusebio da GuardaDíaz López, Paula
A CoruñaCarballoIES Monte NemePena Vázquez, Xurxo
A CoruñaCulleredoCPR Plurilingüe MontespiñoPascual Sanderson, Eliana
A CoruñaRibeiraIES Nº 1Cerviño Portela, Lu
A CoruñaSantiagoIES Plurilingüe Rosalía de CastroArmesto Méndez, Irene
A CoruñaSantiago de CompostelaCPR Plurilingüe La SalleAlamancos Balboa, Manuel
A CoruñaSantiago de CompostelaIES Plurilingüe Rosalía de CastroTajuelo Arenas, Jacobo
LugoLugoIES Nosa Sra. dos Ollos GrandesHuéscar Vale, Jorge
LugoLugoIES Xoán MontesCorredoira Coira, Pilar
LugoMonforte de LemosIES Francisco Daviña ReyDorribo González, Iker
LugoOrtigueiraIES de OrtigueiraRodríguez Rodríguez, María
OurenseOurenseIES As LagoasCarballude González, Héctor
OurenseOurenseIES Eduardo Blanco AmorPérez Quintana, Sabela
PontevedraCangasIES María SoliñoSuárez Cordero, Xabier
PontevedraPoioCPR Sek-AtlánticoAguión Rodríguez, Sabela
PontevedraPonteareasIES do BarralTaboas Pazo, Sebastian
PontevedraVigoCPR Plurilingüe MarianoGonzález Herreros, Fernando
PontevedraVigoIES do CastroGonzález Batán, María
Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?