Galicia aposta de novo polas bandeiras azuis para acreditar a calidade das súas augas e servizos

1 minutes read

Galicia aposta un ano máis polas bandeiras azuis para acreditar a calidade das augas e servizos da súa costa así como poñer en valor o seu patrimonio e a súa imaxe turística a nivel nacional e internacional. Ese é o obxectivo da renovación do convenio entre a Xunta e a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) -que outorga estes distintivos- para 2024 e que asinaron este luns a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o presidente da entidade, José Palacios.

A responsable autonómica salientou que deste xeito a comunidade se somete un ano máis ao escrutinio do xurado para determinar a calidade dos seus areais, dos portos deportivos e dos clubs náuticos. O convenio -que conta cun orzamento de 57.500 euros- supón que o Executivo galego asuma o custo da participación de Galicia con accións como o estudo e avaliación das candidaturas, a inspección das praias, o asesoramento a concellos durante a tempada de baño e a realización de accións formativas e de educación ambiental.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?