Galicia celebra o Día dos Museos cunha morea de actividades ata o domingo

1 minutes read

O programa para a conmemoración do Día Internacional dos Museos, con actividades para todos os públicos estenderase ata este domingo, día 21.

A programación recolle máis de medio cento de actividades que se realizan en diversos museos, con visitas guiadas, obradoiros, xornadas de portas abertas, actividades didácticas e eventos musicais.

A actividade comezou o mércores e dura ata a próxima fin de semana, con motivo da Noite dos Museos.

Participan os museos: Museo das Peregrinacións de Santiago, Centro Galego de Arte Contemporánea de Compostela, Museo Centro Gaiás de Santiago, Museo Camilo José Cela de Padrón, Museo de Belas Artes da Coruña, Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, Museo do Castro de Viladonga, Museo do Mar de Galicia en Vigo e Museo Massó de Bueu.

Os eventos pódense consultar nos respectivos sitios webs, e nas redes sociais, dos centros repartidos por todo o territorio galego e na axenda da Consellería de Cultura.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?