28
Trátase dun investimento aprobado no Consello da Xunta para a contratación da subministración sucesiva das vacinas fronte o Herpes Zóster e a Meninxite B, tres novas vacinas do calendario infantil a partir de dous meses de idade. Unha delas, a da Meninxite B, ata o de agora só estaba financiada para os grupos de risco de todas as idades. Polo que incluíla no calendario infantil resulta básico para a equidade e para que calquera rapaz poida vacinarse e previr enfermidades graves. A previsión é que 14.700 nenos e nenas reciban este vial a partir de novembro. Coa autorización da compra destas vacinas introduciranse novidades no Programa Galego de Vacinación, ampliando os grupos de poboación destinataria das mesmas.