Así o sinalou a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, quen remarcou que a comunidade galega dispón de técnicas PCR para a determinación indirecta das novas variantes e de capacidade de secuenciación xenómica.
Destacou tamén que a actividade realizada no marco do rexistro de viaxeiros da Xunta de Galicia que, en función da incidencia acumulada do país ou da comunidade de orixe, se realizan distintas abordaxes epidemiolóxicas, incluída a realización de PCR naqueles viaxeiros procedentes de determinados zonas de alta incidencia.
Igualmente, incidiu na detección precoz de casos asintomáticos para o seu illamento e posterior estudo e corentena dos contactos. Así, Galicia intensificou os cribados tanto poboacionais como a procura activa de casos, sumando todos os recursos diagnósticos ao seu alcance, e, tamén, sumando aos centros hospitalarios e de atención primaria, ou a detección nas oficinas de farmacia. Así, conseguiu estar entre as comunidades autónomas que maior número de probas realiza.