Galicia contará con 500 novas vivendas públicas enerxeticamente eficientes


Será grazas a un investimento de máis de 69 millóns de euros ao abeiro de dous convenios de colaboración asinados entre o Goberno galego e o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para o traspaso de parte dos fondos que lle corresponden á Comunidade no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, explicou que estas vivendas se destinarán ao alugueiro para familias con ingresos inferiores a 2,5 veces o IPREM  (20.265 euros anuais aproximadamente) e localizaranse en Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Pontevedra e Lugo.