A dúas semanas de que arranque oficialmente o Xacobeo 2021, Galicia quere ofrecer seguridade aos visitantes. E faino anunciando a posta en marcha dun seguro covid turístico. Unha cobertura que sufragará os gastos sanitarios e de estancia de todos aqueles viaxeiros que se vexan obrigados a gardar corentena na comunidade por culpa do coronavirus.
Así o aprobou este xoves o Consello da Xunta, que destinará unha partida de 1,2 millóns de euros para facer realidade este seguro. A idea do Goberno galego é que empece a funcionar a finais do primeiro trimestre de 2021 e que se prolongue durante todo o Ano Santo.