Galicia contará cunha Lei de impulso demográfico

1 minutes read

Galicia será a primeira comunidade en contar cunha Lei de Impulso Demográfico, que será aprobada no Parlamento galego nos primeiros meses desta lexislatura. Así o confirmaron o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Política Social, Fabiola García nunha nova reunión do Foro de Regiones Españolas con Desafíos Demográficos (FREDD) celebrada este martes a través de videoconferencia. Alfonso Rueda destacou que é importante traballar de forma conxunta co resto de comunidades autónomas que afrontan o reto demográfico para que na execución dos fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia “se teña en conta a transversalidade das cuestións relacionadas coa demografía” e os proxectos que cumpran eses criterios. Ademais, avanzou que tamén se abordou a posibilidade de traballar en iniciativas conxuntas entre as comunidades que integran o Fondo que inclúan este aspecto.