Galicia e o norte de Portugal amplían a súa colaboración coas urxencias sanitarias

1 minutes read

Galicia e o norte de Portugal asinaron este mércores un memorando de entendemento para ampliar a súa colaboración transfronteiriza agora tamén no ámbito das emerxencias sanitarias.

Hai xa máis de dez anos que Galicia e o norte de Portugal veñen traballando na asistencia recíproca en materia de emerxencias, unificando tanto equipos como protocolos de actuación e dende hoxe esa cobertura amplíase tamén ás urxencias sanitarias.

O obxectivo é optimizar recursos para que a atención sexa máis rápida e eficiente e se poida realizar tamén unha continuidade asistencial das vítimas, independentemente de onde ocorra o suceso. A sinatura deste Memorando de entendemento correu a cargo do conselleiro de Sanidade e do presidente do Instituto Nacional de Emerxencia Médica de Portugal.

Foi no ano 2014 cando Galicia e o norte de Portugal asinaron un protocolo de colaboración transfronteiriza para actuar conxuntamente ante determinadas emerxencias. Agora amplíase o ámbito de actuación tamén ás urxencias sanitarias.

O conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia e o presidente do Instituto Nacional de Emerxencia Médica de Portugal foron os encargados de asinar este convenio de colaboración que vai permitir optimizar recursos e tender unha nova ponte con vistas ao benestar dos cidadáns dos dous territorios.