Galicia envía un operativo para contribuír á extinción dos incendios de Asturias

1 minutes read

A Xunta envía un operativo para contribuír á extinción dos incendios que veñen afectando distintas localidades de Asturias nos últimos días. En concreto, a Consellería do Medio Rural desprazará á comunidade veciña tres brigadas, un axente, un técnico e dúas motobombas pertencentes ao Servizo de prevención e extinción, así como cinco bombeiros forestais condutores e sete vehículos lixeiros. Pola súa parte, a Axencia Galega de Emerxencias (Axega), dependente da Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, aportará un camión cisterna que se encargará de abastecer de auga as motobombas, así como un dron para coordinar operacións.  

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?