Galicia está a deseñar a loxística para vacinar contra a covid-19 ao resto do persoal sanitario

Así o asegurou o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo,tras a reunión do Consello da Xunta, Feijóo precisou que xa se administrou a vacina no 94% das residencias de maiores de Galicia —521 das 556 que hai en total— e subliñou que a Comunidade administrou ata o de agora un total de 33.351 vacinas entre os usuarios e o persoal destes centros. Feijóo sinalou que as Consellerías de Sanidade e Política Social xa están a estudar os protocolos das seguintes fases da vacinación. “Os profesionais sanitarios dos servizos que non están na primeira liña e o persoal sociosanitario dos centros de día e do Servizo de Atención ao Fogar (SAF) serán a seguinte liña de actuación”, explicou, detallando que esta fase realizarase a partir do 10 ou 12 de febreiro, mentres a seguinte, a dos grandes dependentes, será a partir de principios do mes de marzo.

Intervención do presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo,tras a reunión do Consello da Xunta.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha