Galicia iniciará o vindeiro curso escolar 2023/24 con 225.013 alumnos e 11.924 aulas

1 minutes read

O curso escolar 2023/24 arrancará en Galicia o vindeiro 11 de setembro cun total de 11.924 aulas para 225.013 alumnos das etapas de Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato no sistema educativo público. Isto supón un reforzo do número de unidades para o próximo ano académico en comparación co curso anterior (no que estiveron en funcionamento 11.916 aulas para as ditas etapas) malia rexistrarse case 2.000 matrículas menos (o curso 2022/23 foron 226.811 alumnos). 

Por etapas, o número de estudantes descende en Educación Infantil e Primaria, en concreto en 2.643 alumnos menos, e, en menor medida, en Bacharelato, con 115 alumnos menos. Pola contra, a ESO experimenta unha lixeira suba de 960 persoas, en base ás previsións dispoñibles pola Administración na actualidade ata que se peche o proceso.

Para a escolarización no próximo curso, a Consellería recibiu arredor de 15.000 solicitudes de praza para nenos e nenas que entran por primeira vez nos colexios da Comunidade (concretamente o alumnado de tres anos que entra en 4º de Educación Infantil), para quen se oferta algo máis de 26.000 prazas dispoñibles no sistema. 

Isto supón que preto do 58 % das prazas de novo ingreso ofertadas quedan libres. É dicir, que o 99,2 % do alumnado que solicitou praza en 4º de Infantil nos centros das catro provincias para este curso obtívoa no colexio escollido como primeira opción, polo que practicamente a totalidade das familias escolarizan os seus fillos na escola que demandan.  

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?