Galicia marca unha folla de ruta para loitar contra o cambio climático

1 minutes read

Para acadar estes fins e implicar a todos os axentes, o titular da Xunta, Alberto Núñez, confirmou a posta en marcha de medidas como: as axudas ao sector residencial para mellorar a eficiencia enerxética, cunha dedución verde no IRPF, o próximo ano, que permitirá bonificar ata o 15% das actuacións en vivendas neste eido, como cambios de fiestras ou melloras de tellados e fachadas. Melloras nos plans de prevención e actuación ante eventos extremos para reducir a vulnerabilidade da poboación; desenvolvemento da estratexia de biomasa térmica; ou o fomento dos equipamentos en réxime asociativo no sector primario.

Intervención de Núñez Feijóo.

Cómpre resaltar que esta estratexia completarase coa Estratexia galega de Economía Circular. E, de cara a 2020, coa previsión de aprobar a Lei de residuos e solos contaminados, ademais da elaboración da Axenda 2030 de Galicia, un plan de acción a favor das persoas, do planeta e da prosperidade con 17 obxectivos de desenvolvemento sustentable.