- O conselleiro de Sanidade incide na importancia de «non baixar a garda» e fixo un chamamento ao «autoconfinamento» nos vindeiros días
O Sergas, despois dunha longa reunión do subcomité clínico que evalúa a situación epidemiolóxica da Covid-19 en Galicia, decidiu prorrogar o peche perimetral da comunidade galega ata finais de xaneiro, que en principio remataría este luns 11. Ademais, desde a Consellería de Sanidade especificouse que hai novos cambios na hostalería en varias cidades galegas.
É o caso de Santiago de Compostela que, nun peche conxunto con Ames e Teo, pasa ao nivel máis alto de restricións, polo que a hostalería só poderá abrir as terrazas ao 50% e ata ás 18:00 horas, e ademais as reunións non poderán superar os catro participantes.
A améndoa de A Coruña, conformada con Arteixo, Cambre e Culleredo, entra no nivel medio alto, ao igual que as localidades de Ourense e Barbadás, que pechan perimetralmente de forma individual. En todos estes casos, os bares e restaurantes deberán pechar ás 18:00 horas, o interior dos mesmos terá un aforo máximo do 30% e as terrazas dun 50%. De novo, o máximo de persoas reunidas será de catro.
Residencias blindadas e cribados a estudantes
A Xunta de Galicia blindará as residencias de maiores: os usuarios non poderán saír e as visitas estarán limitadas a unha á semana e un único familiar. Ademais, a Consellería de Sanidade realizará cribados entre os universitarios que regresen ás cidades onde desenvolven os seus estudos despois das festividades de Nadal.
O conselleiro de Sanidade incide na importancia de «non baixar a garda» e fixo un chamamento ao «autoconfinamento» nos vindeiros días, pedíndolle á poboación que non saia da casa se non é imprescindible e limitando todo o posible a vida social.
O vindeiro martes haberá unha nova xuntanza, neste caso do comité clínico, onde se poderían tomar novas medidas na hostalería.
Todas as medidas entrarán en vigor este sábado ás 00:00 horas.