18
Galicia está presente nunha das maiores feiras de turismo do mundo na capital do Reino Unido. A nosa comunidade amosará ao mundo a oferta turística, a riqueza paisaxística e gastronómica.
É un dos maiores escaparates do turismo, unha cita de referencia mundial realizada en Londres. Esta edición, que é a número 43, é a primeira que se celebra con normalidade desde a pandemia. E Galicia está presente.
A feira conta con 3.000 expositores de todo o mundo.