O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este xoves que queren que esta medida entre en vigor despois xa das vacacións de Nadal, tras consensuala con docentes e ANPAS. A comunidade galega foi pioneira na prohibición do móbil nas aulas no 2015, e é unha das catro que non permiten utilizar estes aparellos agás con fins pedagóxicos. Ata agora cada centro regulaba o seu uso fóra das clases e xa estaban prohibidos no 75% dos institutos. Para mellorar a convivencia escolar, a Xunta dá un paso máis e ordena que desaparezan os móbiles dos recreos, comedores, actividades extraescolares e entradas e saídas de colexios e institutos. Para evitar riscos asociados ás novas tecnoloxías, vaise instalar tamén nos portátiles que usan 64.200 alumnos unha aplicación para evitar que accedan a contidos inapropiados cando levan o ordenador á casa.
25