25
O Goberno central transferiulles este xoves ás comunidades autónomas os tres mil millóns de euros que lles corresponden pola liquidación do IVE de 2017. En concreto, Galicia recibe 224,6 millóns. A aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado para 2022 permitiu que as comunidades autónomas e os concellos reciban unha compensación pola mensualidade do IVE que deixaron de recibir en 2017 como consecuencia da implantación da Subministración Inmediata de Información (SII) aprobado polo Executivo de Mariano Rajoy.