Galicia reclama 700 millóns de deuda ao Goberno central

2 minutes read

A Xunta de Galicia, a pedimento do Parlamento de Galicia, vai reclamar a cantidade de 700 millóns de euros, que o Goberno central debe á Comunidade Autónoma de Galicia por diferentes conceptos. Feijóo pretende así escenificar un tirón de orellas ao executivo de Pedro Sánchez, debido a que considera que o seu bloqueo, en caso de persistir, suporía para Galicia unhas consecuencias económicas tan graves como inminentes. Os grupos parlamentarios do BNG, En Marea e Mixto aprobaron a proposta do Partido Popular, dando fiel reflexo da magnitude do problema, mentres que o PSOE, e a pesar de que o seu portavoz considerou a petición como “sensata e de xusticia” , optou pola abstención. Xustificaba Xaquín Fernández Leiceaga a súa postura polo peso da componenda política e a procura interesada do agravio para con Galicia, cando isto débese á falta de apoios a uns Orzamentos e á demora na investidura. Alegando que hai outras comunidades na mesma situación e que se corrixirá cando o Executivo deixe de traballar en funcións. Para Pedro Puy, todo isto son escusas de mal pagador, posto que Pedro Sánchez xa demostrou contar con medios técnicos para liquidar a cuestión, como xa fixo coa reiterada utilización dos seus famosos e polémicos, por consideralos partidistas, decretos dos venres.

O portavoz popular centrouse nas consecuencias técnicas dos atrasos no pago e as millonarias cantidades, que se reparten da seguinte maneira: 330 millóns en entregas a conta comprometidas para este ano, 200 millóns da devolución do IVE dun trimestre do 2017 e unha cantidade próxima aos 170 millóns que lle corresponderían a Galicia por cumprir cos parámetros do equilibrio financeiro.

Este celo no cumprimento, o cal é unha rara avis na política das autonomías, pon en risco o pago a provedores e está a producir unha situación de tensión económica. En caso de non solucionarse, a situación sería catastrófica. De feito, 530 destes 700 millóns debidos xa están incluídos nos orzamentos deste exercicio, co que a proximidade ao precipicio financeiro é máis que evidente.

Os outros grupos parlamentarios apostilaron que o apoio á iniciativa popular débese máis ao fondo que ás intencións do partido maioritario no Pazo do Hórreo. Sinalando que esta reclamación non se produciu hai un ano, cando o inquilino de Moncloa era Mariano Rajoy.

Autor.- Alejandro Luis Otero Jamardo.