Galicia reclama rebaixar o IVE do sector turístico

1 minutes read

O vicepresidente primeiro da Xunta no seu encontro telemático cos representantes de Asturias, Cantabria e Euskadi, reclamou ao Goberno central un IVE reducido do 4 por cento para seguir potenciando o turismo de destinos sostibles. Alfonso Rueda, lembrou que dende a Xunta solicitouse en varias ocasións, unha delas na Conferencia sectorial de Turismo o mes pasado, unha redución do IVE ao 4% neste sector de forma temporal, como medida imprescindible para manter e, mesmo estimular, a actividade turística. Na reactivación do sector precísase a implicación do Goberno central porque moitas medidas son da súa competencia.

Declaracións do vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda.