Unha das ultimas persoas morta é un home de 81 anos que estaba ingresado no CHUAC e que tiña patoloxías previas. Un home de 84 anos que estaba ingresado no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee por coronavirus é a vítima número 31 en Galicia desta enfermidade, o primeiro que se rexistra neste centro sanitario da área da Coruña.
O número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 1.598, segundo a última actualización feita pública pola Dirección Xeral de Saúde Pública. Deles, 396 son da área de Vigo; 389, da da Coruña; 288, da de Santiago; 202, da de Pontevedra; 186, da de Ourense; 99, da de Lugo, e 38, da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 69 permanecen en UCI, 409 están en unidades de hospitalización e 1.120, no domicilio. Ademais, a 25 pacientes déronlles a alta.
Os últimos falecementos corresponden a dous homes de 82 anos, que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, e dos que constan patoloxías previas; e a outro home, de 74 anos, que estaba ingresado no Hospital Montecelo de Pontevedra, que tamén tiña patoloxías previas.
Ata o de agora, practicáronse 7.936 probas.