Galicia será a primeira rexión de Europa en regular por lei o uso da intelixencia artificial

1 minutes read

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou este xoves que o Consello autorizou o inicio da tramitación do Anteproxecto de lei para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial (IA), que converterá “Galicia na primeira rexión europea en regular por lei o uso” desta tecnoloxía. “O obxectivo é garantir que os sistemas de intelixencia artificial que se utilizan na comunidade son fiables e respectuosos cos dereitos fundamentais das persoas”, resaltou.

A lei establecerá os principios éticos para o deseño, adquisición implementación e uso de sistemas de IA por parte da Administración baixo criterios de dilixencia, auditabilidade, explicabilidade, transparencia, imparcialidade, ausencia de nesgos, seguridade ou privacidade.

Entre os principios éticos reitores, destaca tamén o principio de reserva da humanidade e de revisión humana, principio de fiabilidade e de responsabilidade e o principio de avaliación de impacto nas persoas, na sociedade e no ambiente. Garantirá, así mesmo, os dereitos de liberdade, igualdade e reacción fronte ao deseño, adquisición, implementación e uso de sistemas de intelixencia artificial, así como o exercicio dos dereitos da cidadanía.

Coa tramitación desta lei, a Xunta avanza no seu compromiso de aprobar entre 2020 e 2024 a normativa necesaria para facilitar a incorporación de tecnoloxías dixitais de alto impacto, de acordo co obxectivo da Estratexia Galicia Dixital 2030 de especialización tecnolóxica e atracción de investimentos e talento dixital.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?