36
Este venres 9 de agosto chegou unha das citas estrela incluídas no programa do verán cultural do concello de Carballo, un concerto da Orquesta Garufa Blue Devils Band & Sito Sedes. Tratouse dunha actuación patrocinada pola Fundación Luis Calvo Sanz, nunha praza do concello ateigada de público, cunha orquestra que revisou os grandes clásicos do swing ao ritmo dunha das voces galegas máis recoñecidas, Sito Sedes.