Goberno e Xunta propóñenlle a Alcoa adiar o ERE

0 minutes read

A Xunta e o Goberno central trasladáronlle a proposta á dirección de Alcoa e ao comité de empresa, que deberán reunirse para ratificala antes deste xoves. Suporá retomar as negociacións, que quedaron rotas a semana pasada. As dúas administracións propoñen adiar o ERE ata o 28 de setembro, un periodo en que Alcoa debe comprometerse a manter a actividade industrial na fábrica, e a negociar a venda da factoría ao grupo británico Liberty House. A proposta inclúe a principal reinvindicación do comité de empresa: que non se pechen as cubas de electrolise.