Gonzalo Caballero acusa a Feijóo de “poñer á Xunta ao servizo da estratexia de confrontación de Pablo Casado

1 minutes read

O secretario xeral do PSdeG-PSOE censurou o “uso partidista” das institucións autonómicas por parte do presidente da Xunta, que “quere facer méritos diante de Casado poñendo ao goberno galego a disposición dunha estratexia de conflito inaceptable”. Despois de ter perdido peso político no seu partido, dixo, Feijóo quere recuperar posicións poñendo ao Executivo ao servizo da estratexia electoral dun PP ao que “non lle dan as contas”. Advertiu neste sentido que “as galegas e os galegos non podemos permitir que o presidente da Xunta xogue coas institucións e con Galicia en función dos intereses partidistas do PP”, situado nunha “fuxida desesperada cara adiante para intentar remontar o escenario electoral”.