Gonzalo Caballero acusa a Feijóo de “tentar ocultar” o que ocorre nas residencias

1 minutes read
Declaración de Gonzalo Caballero.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, sinalou este sábado que Feijóo está “tratando de ocultar” o que ocorreu nas residencias de maiores, onde se rexistran a metade dos falecementos en Galicia a causa da covid-19, a pesar do “descaro” co que tenta atribuírse unha “falsa anticipación” fronte ao virus.

Así o dixo o líder dos socialistas galegos a raíz do “bloqueo” do PP á petición de que compareza a conselleira de Política Social tralo acordo dos grupos para activar a Deputación Permanente. Así pois, en medio da crise do coronavirus, a Xunta decidiu unilateralmente que o conselleiro de Cultura acuda á Cámara o vindeiro mércores.

Sobre todo, como explicou o máximo dirixente do PSdeG, porque os peores escenarios de contaxios sitúanse en Galicia naquelas cuestións que son “competencia da Xunta”, tales como a sanidade e os servizos sociais. Ademais, lamentou que o goberno galego non interviñera todas as residencias nas que se produciron contaxios masivos.