O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, anunciou este xoves o ”claro compromiso do PSdeG co Sistema Universitario de Galicia e coa innovación e a aposta polo mundo do coñecemento”. O líder dos socialistas galegos mantivo en Vigo un encontro co ministro de Ciencia, Innovación e Universidades, Pedro Duque, no que tamén representantes dos socialistas galegos no Parlamento de Galicia, o Congreso e o Senado, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e o secretario do PSdeG de Pontevedra, David Regades.
Gonzalo Caballero anunciou que os socialistas presentarán na próxima Lexislatura un “compromiso claro coas novas tecnoloxías, coa innovación e co mundo do coñecemento”, apostando por un cambio de modelo para “defender aos organismos e universidades públicas e a cooperación co mundo da empresa”. O obxectivo, dixo, é que “esta Galicia que con Feijóo perde pulo e dinamismo acade a súa revitalización e impulso”.
Gonzalo Caballero defendeu a visita do ministro a Galicia, tal e como fixo o pasado luns a ministra de Industria, Reyes Maroto, e reclamoulle ao presidente da Xunta “que se tranquilice”, fronte ás críticas do goberno galego e do PP a estas visitas.
Reclamoulle que “goberne con lealdade institucional” e que “se acostumen a que Galicia e a Xunta de Galicia non son propiedade do PP” e que “acabouse o tempo en que Feijóo creía que era o único que repartía xogo e falaba coa deslealdade que quería en cada lugar de Galicia”.
Pedro Duque
O ministro de Ciencia, Innovación e Universidade, Pedro Duque, comezou a súa xornada en Galicia co encontro co líder dos socialistas galegos, onde reivindicou as “reformas pendentes” consensuadas cos actores do mundo da Universidade e da Innovación e que están á espera da formación do goberno.
Sinalou que “estamos expectantes de que haxa canto antes un goberno que poida levar ao Parlamento estas reformas legales, normativas, de formas de actuar, investimentos na dixitalización de servizos públicos, e en ciencia e innovación”. Reivindicou “cambios na política da última década” na materia, na que baixo o mandato do PP España “foi o único país que ten reducido os presupostos para ciencia, innovación e Universidades”.