Gonzalo Caballero “apostamos por dereitos onde outros só ven prezos”

1 minutes read

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou este sábado en Pontevedra na apertura dunha xornada sobre a importancia da política social na que participaron representantes de distintas entidades sociais do eido da diversidade funcional, da loita contra o alzheimer e da sanidade pública.

Nese foro, Gonzalo Caballero resaltou que “non todos os partidos pensamos o mesmo da política social”, pois mentres o PSOE “aposta polos dereitos” outros só “ven os prezos” que marca o mercado. “Porque o máis importante que hai é o dereito de todos os cidadáns a ter posibilidades de prosperar e de ter unha vida digna”, apostilou.

Dito isto, “coa credibilidade do feito” nesta materia, o líder do PSdeG abordou dos compromisos dos socialistas no que atinxe aos sistemas públicos de pensións, educativo e sanitario, así como no referido á dependencia, á diversidade e á loita contra a pobreza infantil, nun momento de elevados niveis de desigualdade.