Gonzalo Caballero: “Aznar prorrogou a concesión da AP-9 e Rajoy vetou debater a súa transferencia”

Cedida.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, interveu no Congreso para defender a transferencia a Galicia da AP-9, unha cuestión reclamada xa por Emilio Pérez Touriño dende a presidencia da Xunta a pesares de que outros “tenten agora colgarse medallas”, dixo. Ademais puxo en valor que un goberno progresista permite o debate sobre esta cuestión no Congreso, logo de que o PP, con Rajoy como presidente, impedira a súa tramitación. “Mentres o goberno de Aznar prorrogou a concesión da autopista ata 2048 e o goberno de Mariano Rajoy vetou de xeito continuo o debate da transferencia da AP-9 a Galicia no Congreso, é necesario avanzar na rebaixa das peaxes e no traspaso da autopista” e “aliviar” este “auténtico espolio”, destacou.