Gonzalo Caballero inicia en Vigo os contactos cos alcaldes

Cedida.

O candidato do PSdeG-PSOE á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, iniciou este luns en Vigo, a súa cidade, a rolda de contactos cos alcaldes das cidades galegas. En compañía de Abel Caballero, sinalou que Feijóo foi “un inimigo” das cidades e comprometeuse a que todas elas teñan no próximo goberno progresista na Xunta “un aliado”. “Hai que impulsar á Galicia urbana, conectar a Galicia máis dinámica, máis áxil, máis nova, a Galicia máis innovadora e máis emprendedora cun novo tempo político á fronte da Xunta de Galicia”, incidiu o secretario xeral do PSdeG, sen esquecerse da importancia de revitalizar o medio rural.