Gonzalo Caballero pide á Xunta televisións gratis nos hospitais durante a crise do coronavirus

1 minutes read
  • A Xunta di que xa deu instrucións, o pasado luns, a todos os centros do Sergas para que se habilite esta medida.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, pediu este xoves á Xunta que dispoña a gratuidade das televisións dos hospitais para os doentes que están ingresados durante a crise de coronavirus.  “A sensación de soidade e illamento” das persoas que están nos hospitais e que, por mor dos riscos de propagación do virus, non poden recibir visitas con regularidade. A limitación das visitas aos ingresados require medidas coma esta para darlle facilidades e evitar a sensación de soidade e illamento, subliñou Caballero. Esta medida súmase ao conxunto de propostas sanitarias feitas polo PSdeG, como a apertura das plantas hospitalarias que permanecen pechadas, a mellora das condicións laborais e da estabilidade dos profesionais sanitarios, a ampliación de profesionais sanitarios pola vía da recuperación de xubilados, o reforzo dos teléfonos de emerxencia, a potenciación da atención domiciliaria e o estudo da posibilidade de prever hospitais medicalizados para situacións extremas.