Gonzalo Caballero promete a creación dunha axencia para o desenvolvemento do rural

1 minutes read

Gonzalo Caballero participou en Lugo nun acto co presidente de Asturias, Adrián Barbón, sobre o reto demográfico. Os socialistas propoñen a creación dunha axencia galega para o desenvolvemento rural que dependa da presidencia da Xunta. Estaría destinada a crear emprego, infraestruturas e dotar dos servizos básicos aos galegos independemente de onde vivan. Incidiu na importancia de ter “políticas activas” de emprego, de política social e de vertebración territorial nunha comunidade que presenta “os peores datos demográficos de España” -morren dúas persoas por cada unha que nace- e onde hai agora 70.000 ocupados menos que cando chegou Feijóo, mentres en España hai 650.000 máis.