Gonzalo Caballero reclama á Xunta que “se implique” con solucións para a planta de Siemens Gamesa

1 minutes read

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclamou á Xunta que manteña as negociacións con Siemens Gamesa tralo seu anuncio de peche da planta das Somozas, o que suporía o despido de 215 traballadores. O líder do PSdeG recalcou que a Xunta ten que “implicarse full time” na busca dunha solución, porque “ten todas as competencias económicas e industriais para facelo” con base no Estatuto de Autonomía de Galicia. Caballero requiriu a Feijóo que “non dea por pechadas as negociacións” con Siemens Gamesa, a fin de tentar atopar “unha alternativa” ao peche, chamada que fixo tamén ao goberno de España.