28
O voceiro parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, interpelou a Feijóo no Parlamento sobre o xeito de abordar a reactivación de Galicia trala pandemia, para requirirlle que utilice “os orzamentos máis expansivos” da comunidade “na xente”.
“Señor Feijóo, ten a oportunidade de poñer aos galegos e ás galegas na súa prioridade, favorecendo unha saída da crise distinta a que fixo o PP trala gran recesión”, subliñou Gonzalo Caballero, crítico coas “políticas de axuste e de recortes no público” do PP na Xunta e o Goberno que provocaron “unha saída da crise máis lenta”.