Gran afluencia de público á Feira do Mel de Oleiros

1 minutes read

Este domingo celebrouse a XXX edición da Feira do Mel, baixo unha gran carpa, nas inmediacións do Mercado Municipal de Perillo en Oleiros. Unha selección dos mellores apicultores galegos e españois expuxeron e venderon os seus produtos en 33 postos habilitados. Esta feira, única en toda Galicia, apoia un sector produtivo que sofre a constante ameaza da globalización, dos novos costumes alimentarios e nos últimos anos tamén da avespa velutina. A carpa na que se realizou o evento ata as 9 da noite acolleu a centos de persoas, a pesar da choiva, que por un módico prezo de 9 euros podían levar un quilo de mel, e ver as actuacións de Semente Nova de Perillo, os Rueiriños de Nós e a Banda da Escola Municipal do Concello de Oleiros. Pola tarde realizaronse actividades de animación infantil dirixidas aos máis cativos, e para pechar houbo música, coa orquestra Compostela, magosto e queimada gratuíta para todas as persoas asistentes.