O sábado 23 de marzo disputouse na piscina Carballo Calero, en Carballo a Copa Galega Absoluta de salvamento e socorrismo. Alí o club Salvamento Acuático Laracha (SAL) desprazou un total de 9 deportistas: 3 rapazas (Andrea Añón, Inés Lema e Noelia Loureiro)e 6 rapaces (Pablo Amado, Damián Cotelo, Cristóbal Pensado, Álvaro Diez, Borja Diez e Enrique Ramilo). O obxectivo era realizar o mellor papel posible, e lográrono de sobra, conseguindo multitude de mellores marcas persoais e varios Récords Galegos.
Os resultados máis destacados foron os seguintes:
- Noelia Loureiro:
- 100m combinada: 1ª clasificada (medalla de ouro) e RÉCORD GALEGO JUNIOR (01:22:28)
- 200m supersocorrista: 1ª clasificada (medalla de ouro) e RÉCORD GALEGO JUNIOR E ABSOLUTO (02:35:12)
- 100m rescate de manequín con aletas: 2ª clasificada(medalla de plata)
- Borja Diez:
- 200m supersocorrista: 1º clasificado (medalla de ouro) quedando a 70 centésimas do récord galego.
- 50m rescate de manequín: 1º clasificado (medalla de ouro)
- Enrique Ramilo:
- 100m socorrista: 2º clasificado (medalla de plata)
- 200m supersocorrista: 2º clasificado (medalla de plata)
Ademáis, celebrouse a Cea de Gala da Federacion de Salvamento e Socorrismo de Galicia, onde Borja Diez foi galardoado como mellor deportista da Liga Galega de Salvamento na tempada 2016/2017.
