16
Os Mossos d’Esquadra buscan un home que acoitelou a unha muller en Barcelona, en principio, sen motivo aparente. Ocorreu no distrito de Gràcia o xoves a medianoite, cando a vítima saía dun restaurante no que ceara con catro amigas. O individuo achegóuselle, cravoulle un obxecto punzante no peito e fuxiu. A muller tivo que ser operada e permanece estable dentro da gravidade.