Greta Thunberg foi desaloxada pola Policía alemá dunha protesta

1 minutes read

A famosa activista sueca polo clima foi desaloxada á forza pola policía alemá tras participar nunha acción de bloqueo nas inmediacións desta localidade do oeste de Alemaña, que está a ser desmantelada para ampliar unha polémica mina de lignito. Do mesmo xeito que os demais participantes, Thunberg foi arrastrada por axentes de policía, pero cun sorriso no rostro. Máis de 35.000 persoas protestaron os últimos días en Lützerath para opoñerse á expansión da xigantesca mina ao descuberto de Garzweiler, que se tragará o pobo de Lützerath, completamente desaloxado, e o campo circundante. A policía xustificou ese desaloxo debido a que permanecer nese lugar era perigoso, polo que se procedeu a levarse unha a unha, polo aire, ás persoas que participaban na acción de protesta.