Grupo Lemaco ‘A’ remontou ante Carballal | Grupo Lemaco ‘B’ perdeu co Ribadosar

Arquivo. Cedida.

Grupo Lemaco Xiria A 34 – AD Carballal 28   (12-17)

Moi mala primeira metade para os carballeses que perdían o balón no ataque sen sequera atacar a portería contraria e que cando o conseguían topáronse co porteiro contrario, errando ata 11 lanzamentos claros nestes primeiros 30 minutos. Con 5 goles abaixo no descanso non quedou  outra que apremar en defensa e atopar solucións óptimas no ataque, a consigna foi darlle maior profundidade as accións e buscar directamente a portería contraria. Menos erros de lanzamento e moitas menos perdas de balón en ataque propiciaban no comezo da segunda metade igualar o choque e cos minutos marcar distancias no marcador chegando a ese 34 a 28 final.

Balonmán Ribadosar 34 – Grupo Lemaco Xiria B 32 (16-15)

Partido de risco polo esvaradío do terreo de xogo, onde acabar sen unha caída era todo un reto. Saíu ordenado e con intensidade defensiva o equipo carballés, pero co transcorrer dos minutos foi perdendo autoridade no xogo e deixando facer ao seu rival. O estado da pista creou certa inseguridade nos desprazamentos e nas accións de cambio de ritmo e os dous equipos optaron por acabar o encontro sen arriscar máis do necesario nas accións. Derrota do Xiria coa liga decidida e na espera dos distintos grupos da seguinte fase clasificatoria.