A Rede europea de loita contra a pobreza e a exclusión social (EAPN) puxo en marcha este mes unha campaña para informar sobre o ingreso mínimo vital e ofrecer apoio ás persoas que terían dereito a esta prestación pero que non a perciben por descoñecemento ou por non ter realizado a solicitude. A iniciativa desenvólvese en todo o territorio español, e dentro de Galicia escolléronse 11 puntos para prestar o servizo de asesoramento e acompañamento ás persoas interesadas. En Carballo, o punto de tramitación do ingreso mínimo vital está situado no Fórum, onde haberá unha persoa de EAPN Galicia todos os venres, de 09.00 a 14.00 horas, para realizar labores de apoio na presentación da solicitude. O servizo estará dispoñible ata o 30 de xuño, e as persoas interesadas poden contactar a través ou ben no teléfono 615 357 210 ou no enderezo electrónico patricia.torreira@eapn.es.
30