Héctor Méndez renova como adestrador do Calvo Basket Xiria

1 minutes read

O interese entre a Escola Basket Xiria e o adestrador pola continuidade do proxecto que comezou Héctor Méndez na tempada 2021/22, asumindo a dirección como adestrador principal do Calvo Basket Xiria, fixo que se producise unha renovación “case automática”, que tralas conversas e negociacións de rigor entre a dirección deportiva do Club e o propio Héctor, remataron coa renovación do mesmo e un acordo de continuidade moi merecida.

No primeiro ano coma adestrador dun equipo sénior (2021/22), acadou o subcampionato da 1ª División Galega e o ascenso a Liga EBA, así como na tempada pasada 2022/23, o equipo dirixido polo coruñés foi subcampión da Copa Galicia e logrou a permanencia a 3 xornadas de finalizar a liga.
Cunha contrastada experiencia en categorías de formación ao longo destes anos, é adestrador superior dende 2017, ademais do gran traballo destes anos con diferentes equipos de base, é notorio a súa vocación de formación, xa que foi dos adestradores habituais nas seleccións galegas e do organigrama da Federación Galega de Baloncesto nos anos 2009/10 e actualmente dende 2017/2022 coa Selección Cadete Masculino.
Con esta renovación o CALVO BASKET XIRIA da o pistoletazo de saída para configurar o equipo que a vindeira tempada representará a Carballo na Liga EBA. Acompañarán a Héctor Méndez o mesmo staff técnico que a tempada pasada: Victor Fernández e o carballés Javier López, como adestradores axudantes e Marcos López, coma preparador físico.