19
HM Hospitais e Monbus Obradoiro presentaron o convenio de colaboración desta tempada mediante o cal o Grupo hospitalario segue sendo centro médico oficial do equipo. Ademais, o acordo entre ambas as entidades recolle diversas accións que este ano teñen especial interese, ao supoñer a «volta á normalidade, tamén na actividade deportiva», tal como destacou o director de Relacións Institucionais e Proxectos Estratéxicos de HM Hospitais en Galicia, Rafael Silva.