¡Hola Cerámica! celebrarase este ano a través da Internet

1 minutes read
  • Nos faladoiros virtuais tratarase o presente e o futuro do sector

¡Hola Cerámica!, a actividade de dinamización da cerámica que se celebrará este 12, 13 e 14 de xuño, trae novidades. A primeira delas é que este ano, con motivo da pandemia causada pola COVID-19, o evento farase a través da Internet con accións baseadas na difusión de vídeos e fotos da propia actividade.

A participación nestes audiovisuais está abierta a todos los ceramistas, oleiros, empresas, institucións, coleccionistas e aficionados en xeral que residan ou non en municipios que formen parte da Asociación Española de Cidades da Cerámica. Nos vídeos, que terán unha duración máxima recomendada de 5 minutos, poderase usar calquera das linguas oficiais do estado español, pero os diálogos serán integramente en castelán.

A concelleira de Cultura e Igualdade do Concello de Malpica, Leticia Varela, e a Presidenta da Asociación Oleira de Buño, Carmen Isabel Labrador, tamén participarán nos faladoiros virtuais onde se tratará o presente e o futuro do sector.