36
O cemiterio de Boisaca, en Santiago de Compostela, acolleu este martes 5 de xaneiro a tradicional ofrenda floral que cada ano reúne a familiares, administracións e representantes institucionais para homenaxear ao dramaturgo Ramón María del Valle-Inclán, este ano no 85 aniversario da súa morte. No acto lembrouse tamén ao pintor e empresario compostelán Isaac Díaz Pardo, falecido o mesmo día que o autor de «Luces de Bohemia». Entre os participantes atopábanse familiares e representantes de asociacións, a edil compostelá Mercedes Rosón, o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, que lembraron o importante legado de ambos os intelectuais.