Homenaxe acuático a Rosalía de Castro en Padrón

1 minutes read

Vinteoito embarcacións tradicionais, achegadas de distintos recunchos de Galicia, navegaron ata Padrón, para unirse á «Inchadiña branca vela». Esta é xa a sétima edición dun evento que organizan a Fundación Rosalía de Castro e a Asociación Cultural Dorna de Arousa. Levan remontando, como cada ano, polo Ulla e o Sar dende 2013, para renderlle homenaxe a Rosalía de Castro ao chegar a Padrón. Nesta xornada a remo, ata vinteoito embarcacións izan velas como saúdo a súa poetisa. A «Inchadiña branca vela» canta en galego un ano máis honrando a xente do mar e enche o río de embarcacións tradicionais e de sentimentos.