Vinte persoas acudiron en Ponteceso ao concerto de panxoliñas que serviu para renderlle homenaxe ás corais municipais. En condicións normais, no lugar do concerto celebraríase a XXIV edición do certame de corais de Ponteceso, mais “como este ano, ao ser distinto polo tema COVID, non puideron actuar, queríamos darlle as gracias e que puidera ver todo o mundo o concerto de panxoliñas desde as súas casas”, explica Maite Chouciño, concelleira de Educación, quen ao remate da actuación lle entregou a cada unha das corais un agasallo para agradecerlles a súa dedicación. As corais homenaxeadas foron a Coral Polifónica San Salvador de Pazos, Coral Polifónica Santa Mariña de Ponteceso, Coral Polifónica Brisas do Mar de Corme, Coral Polifónica A Oliveira do Monte Branco e Coral Polifónica San Eleuterio de Tella, ademais da Coral Polifónica San Xoán de Xornes, que non puido acudir á cita.
36