Homenaxe de despedida por xubilación no IES de Baio ao profesor Antonio Díaz

1 minutes read

Este xoves os seus compañeiros e compañeiras aproveitaron o xantar de Nadal para despedir a Antonio Díaz, o profesor de Filosofía que se xubila despois de toda unha vida dedicada á docencia.

Os/as presentes quixeron agradecer a Antonio o seu traballo e dedicación, toda a Comunidade Educativa do IES Maximino Romero de Lema déronlle as grazas e desexáronlle todo o mellor nesta nova etapa que agora emprende, afirmando que o botarán moito de menos e sempre estarán preto para o que necesite.

E non esquezamos o que di Tomé de Aquino: “O único instrumento que os homes temos para vivir e perfeccionarnos dignamente é a educación, na que deixas unha pegada”, concluíron.