Homenaxe de retirada a «González», Policía Local de Carballo

0 minutes read

Caloroso e emotivo homenaxe o recibido este venres en Carballo polo axente da Policía Local, José Manuel González Vázquez, por parte dos seus compañeiros e compañeiras. Aínda que é natural do concello próximo de Cabana de Bergantiños, prestou o seu servizo con dedicación e entrega na Policía Local carballesa desde o ano 1.989. González, como se lle coñece no seu círculo máis próximo, reuniuse cun grupo de amigos/as ante unha suculenta mesa no restaurante carballés A de Pako, alí fixéronlle entrega dunha placa polos máis de 30 anos ao servizo policial.

González, coa placa recibida.